Saturday 27 de April de 2024

Teatro das Maniotas ponlle o broche final á mostra de teatro afeccionado da Pobra


A Pobra do Caramiñal despídese nesta fin de semana dunha nova edición do ciclo de teatro afeccionado posto en marcha pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A última das sesións terá lugar no 5 de febreiro, ás 19.00 horas, no Elma, coa función O Banco, a cargo de Teatro das Maniotas, do IES de Brión.

A peza trasladará o público a Vilaxaxún, onde se artella un atraco que se atopa coa resistencia dunha axente de seguridade aspirante a policía local que non sabe usar unha pistola; situación que fai que aumente o caos do cal son testemuñas varias persoas da vila.

O acceso é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.